Esta noite faleceu o catedrático de Arqueoloxía Fernando Acuña Castroviejo, profesor da USC dende o ano 1968, membro da Real Academia Galega dende 1972 e da Real Academia Galega de Belas Artes. Vinculado ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, foi un dos fundadores do Museo do Pobo Galego e era vicepresidente do seu padroado. Dirixiu as escavacións do xacemento das Torres do Oeste (Catoira), o castro de Neixón (A Coruña) ou Castro Real (Boimorto), entre outras.
Fálase
O debate electoral acadou unha audiencia media do 15,3% (151.000 espectadores/as), chegado a máximos do 21,3%. En total, 475.000 persoas contactaron nalgún momento coa emisión. O debate foi tamén trending topic estatal en twitter, sumando un total de 21 mil tuits por parte de 4 mil usuarios e usuarias.
O lume cercou vivendas en Baños de Molgas, Cualedro e Sandiás, en varios incendios que afectaron este luns a distintos puntos de Ourense
O PP deseña unha comparecencia á carta para que De Guindos explique o 'caso Soria'. O ministro dará contas esta tarde na Comisión de Economía do Congreso, como quería o Goberno
Tordesillas celebra hoxe o seu Toro de la Vega, no que nesta ocasión non se dará morte ao animal en público.
#DebateCRTVG Rematamos a cobertura especial do debate electoral da CRTVG. Podes repasar na nosa conta de Twitter os datos e gráficos cos que contrastamos as intervencións de PP, PSdeG, BNG, En Marea e Ciudadanos.
A Xunta ofrécelle á instrutora do accidente do Porriño os dous mesmos peritos autonómicos que en Angrois. A xuíza pedíralle “un listado” no que poder elixir, segundo informara o TSXG.
Entre o luns e o martes choverá máis sobre Galicia que nos últimos dous meses e medio. Explícao 4gotas.com
Ernesto Chao, novo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Na nova xunta directiva Mabel Rivera Mabel Rivera recunca como vicepresidenta da entidade e Iria Sobrado, na secretaría.
A Xunta di agora que pedirá que a reválida de ESO non teña efectos académicos. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciouno hoxe na TVG.