Este domingo rematan os actos do Asalto ao Castelo de Vimianzo, festa que este sábado viviu o seu día grande. Praza.gal colabora un ano máis coa celebración.
Fálase
“Mesquindade” ou “patraña” son algunhas das respostas dos Franco ao Concello de Santiago tras reclamarlles as estatuas do Mestre Mateo. Os herdeiros aseguran ante o xulgado que estuda o caso que as figuras foron mercadas a un anticuario, avanza Europa Press na súa web.
O rei volve delegar no presidente do Parlamento a ofrenda da Casa Real ao apóstolo Santiago polo 25 de xullo. Santalices xa foi protagonista deste acto en 2016, cando invocou o santo para pedir "honradez e moralidade" na política.
A Fundación Galiza Sempre desenvolve hoxe na Coruña unha nova xornada do seu ciclo sobre os dereitos dos pobos en Europa con relatorios como os de Albert Noguera, Mikael Bodlore-Penlaez ou Encarna Otero.
Este venres comezan os días grandes Asalto ao Castelo de Vimianzo. A festa conta un ano máis co patrocinio de Praza Pública.
O socialista David Regades, home de confianza de Abel Caballero, novo delegado do Goberno na Zona Franca de Vigo. O consorcio, dependente do Ministerio de Facenda, é un dos principais investidores na cidade e vén actuando como contrapoder ou apoio dos gobernos locais de cada momento. Ata o de agora estaba en mans da popular Teresa Pedrosa.
O pianista londinense James Rhodes, que este sábado actúa en Vigo, converte en virais varios chíos en galego.
Sáenz de Santamaría apela á "coherencia" de Casado coa defensa do goberno da "lista máis votada" cara á votación definitiva do Congreso do PP, no que ambos concorrerán pola presidencia. A que fora vicepresidenta de Rajoy foi primeira na votación no conxunto estatal e tamén na provincia de Ourense.
Cospedal gaña en Galicia as primarias do PP co 39% dos votos, polo 29% de Casado e o 28% de Sáenz de Santamaría. Ampliamos aquí a información.
Casado e Sáenz de Santamaría dispútanse o primeiro posto nas primarias do PP cun terzo dos votos escrutados en toda España. Está a contalo en directo eldiario.es. En Praza.gal informaremos en breve dos resultados en Galicia.