Feijóo volve desentenderse do conflito na CRTVG, que segue sen cumprir coa lei de medios públicos que el mesmo impulsou en 2011, e remite novamente as explicacións á dirección do ente. Despois de que a semana pasada o presidente rexeitase contestar a un reporteiro gráfico de TVE que lle preguntou unha vez rematada a súa rolda de prensa semanal polo conflito na CRTVG, a Feijóo volvéuselle preguntar este xoves polo mesmo. Segundo dixo, el nunca deixa de responder ningunha pregunta dun “xornalista” pero “as cuestións da CRTVG, que as conteste a CRTVG”.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/feijoo-e8b010a.jpeg)