Veciñanza de Teo organiza este domingo unha cadea humana para rexeitar os plans da empresa Toysal para Casalonga onde, advirten, tras a negativa do Concello e da Xunta á instalación unha planta de tratamento de residuos, a compañía prevé "un vertedoiro encuberto" presentado como restauración da vella canteira. (Imaxe: Plataforma Casalonga Limpa de Residuos)
Fálase
O dramaturgo e contacontos Cándido Pazó acompaña esta tarde as familias pechadas no IES de Brión para esixiren máis docentes no centro. A folga neste instituto baleirou as aulas nesta última semana, durante a cal as familias subliñan que non obtiveron resposta satisfactoria por parte da Xunta.
O PP ratifica o conselleiro Rey Varela como presidente do partido en Ferrol e candidato á alcaldía. O titular de Política Social multiplicou os seus actos como conselleiro na cidade durante o último ano. (Imaxe: PP Ferrol).
Histórico acordo entre o Vaticano e a China para integrar millóns de persoas na Igrexa tras a ruptura de relacións a mediados do século pasado. Debúllao Jesús Bastante para eldiario.es
Suspendida a tourada que un empresario tiña previsto celebrar nun terreo privado de Sarria. O promotor alega falta de tempo para tramitar o evento, segundo recolle El Progreso.
Os pronunciamentos da Fiscalía e da Universidad Rey Juan Carlos despexan o futuro político de Pablo Casado. Análise en eldiario.es
O Miudiño da afección do Obradoiro torna en himno da Supercopa ACB na primeira xornada da competición, na que o equipo compostelán perdeu 61-81 fronte ao Real Madrid. A competición continúa este sábado no Fontes do Sar coa final entre os madridistas e Baskonia.
O Obradoiro disputa este venres como anfitrión a Supercopa ACB fronte ao Real Madrid no Fontes do Sar. O equipo gañador deste partido disputará o primeiro título da tempada fronte ao conxunto que se impoña na outra semifinal, que xogan Barcelona e Baskonia.
A empresa sanitaria estadounidense coa que a Xunta asinou convenios para actuar en catro hospitais galegos merca unha compañía israelí de robótica. Medtronic anunciou a adquisición por algo máis de 1.600 millóns de euros a través dun comunicado no que indica que coa tecnoloxía desta nova empresa prevé mellorar a súa área de cirurxía da columna vertebral.
O Foro Económico Mundial destaca nun vídeo a peonalización e modelo urbano de Pontevedra. O organismo internacional destaca a ausencia de accidentes e o descenso na contaminación, tal e como fixera o xornal británico The Guardian.