Os líderes de Podemos, PSOE e PP pechan este venres a rolda de audiencias co rei Felipe VI. A partir de aí, o monarca deberá encargar a formación de Goberno a algún dos candidatos. Rajoy confirma que se presentará á investidura
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56a1d6c7317a2-mariano-rajoy-visita-felipe-vi_ediima20160121_0807_18.jpg)
Os líderes de Podemos, PSOE e PP pechan este venres a rolda de audiencias co rei Felipe VI. A partir de aí, o monarca deberá encargar a formación de Goberno a algún dos candidatos. Rajoy confirma que se presentará á investidura
Este venres preséntanse as actividades coas que se conmemorará o centenario de Xosé Velo durante todo o ano. O acto celébrase ás cinco da tarde no Museo do Pobo Galego.
Pontevedra acumula cinco anos sen falecementos por atropelos. Este dato, incluído na memoria do 2015 da Policía Local, é un dos que impulsou a participación do Concello pontevedrés no recente Cumio do Clima.
GUÍA PRÁCTICA Para saberes canto che vai cobrar o teu banco por retirar cartos no caixeiro. Pódese descargar para imprimir ou compartir en formato dixital.
AO VIVO O Concello de Santiago emite por primeira vez o pleno municipal ordinario en streaming. Neste espazo pódese seguir esta emisión en probas.
Representantes de SOS Sanidade Pública e da Asociación de Usuarios do Servizo de Oncoloxía do Clínico de Santiago presentáronlle á Valedora do Pobo, Milagros Otero, as denuncias sobre as dificultades dos e das pacientes galegas con cancro para acceder a novos tratamentos, xa aprobados pola UE. Denuncian "discriminación" e "desigualdade".
A Xunta culpa o bipartito dos 56 millóns de axudas da UE ao rural perdidos por non ser executados. Recólleo Campo Galego.
Un imitador engana a Rajoy facéndose pasar por Puigdemont, president da Generalitat. O xefe do Executivo recoñece ter a axenda "desocupada" e móstrase disposto a reunirse co líder catalán.
A Real Academia Galega de Ciencias entregou este mércores os seus Premios de Investigación Ernesto Viéitez 2015 a varios científicos da UDC e da Uvigo, que salientaron que "sen investigación o futuro da sociedade está hipotecado". O Premio de Investigación 2015 foille concedido ao equipo formado por Blanca Laffon, Gözde Kiliç, Eduardo Pásaro e Vanessa Valdiglesias. E o de Novos Investigadores foi recollido por Miguel Alexandre Ramos
Crece o número de unidades de poboación deshabitadas en Galicia, especialmente en Ourense, onde pasaron de ser 252 en 2010 a 321 en 2014.