A Fiscalía Anticorrupción mantén a petición de condenas para o PP e a ex-ministra Ana Mato por lucrarse coa trama Gürtel. No seu escrito final de conclusións segue a pedir 125 anos de cadea para o presunto líder da rede corrupta, Francisco Correa, e rebaixa levemente a petición para Luis Bárcenas ata os 39 anos. Está a contalo eldiario.es
