O 65% dos cataláns votaría a favor da independencia nun hipotético referendo, segundo unha enquisa do Centre d'Estudis d'Opinió, dependente da Generalitat. O sentimento é unánime entre os votantes de ERC e maioritario nos de CiU (64,5%) e ICV (53,2); un 29% dos votantes do PSC tamén votarían a favor. A enquisa inclúe tamén unha estimación de voto, e amosa un descenso de CiU, PSC e PP e un ascenso de ERC e ICV.
Fálase
A factura da luz subirá un 4% no vindeiro mes de xullo. O ministro Soria insiste en que non se pode reducir o seu prezo.
O diario El País revela que boa parte do Plan Estratéxico do Gaiás está copiado doutras publicacións sobre equipamentos culturais e mesmo da Wikipedia
Convocan unha concentración en Compostela, ás seis da tarde deste xoves, para protestar contra o peche da Biblioteca Caja Madrid, en Casas Reais. O acto consistirá na lectura colectiva de textos que teñen que ver coa importancia dos libros e a lectura
O bono español a dez anos volve superar o 7% e a prima de risco sitúase de novo por riba dos 550 puntos, coincidindo co inicio do cumio europeo.
O prezo da vivenda nos Estados Unidos detén o seu descenso, despois de varios anos, e amosa signos de crecemento nos vindeiros meses, segundo The New York Times
Ferrolterra concentrouse onte na Praza de Armas en denuncia do asasinato de Iria García Bouza. Critican a ausencia de representantes do goberno municipal no acto de repulsa.
Os montes ourensáns sofren os primeiros lumes do verán. Arderon 20 hectáreas na Peroxa, Nogueira de Ramuín e Viana do Bolo, entre críticas dos brigadistas á redución dos operativos.
Finaliza a campaña electoral en México, cun masivo mitin (200 mil persoas ) de López Obrador na capital federal. Este domingo celébranse as eleccións, e aínda que o PRD foi recuperando posicións nos últimos meses, o candidato do PRI, Enrique Peña Nieto, é o favorito.
O blog masquemedicos explica cales son os medicamentos excluidos da Seguridade Social, o coñecido xa como medicamentazo e que foi anunciado onte polo Goberno.