O curso escolar 2017-2018 comezará en Galicia o 11 de setembro en Primaria e o día 15 en ESO, BAC, FP e ensinanzas especiais. Educación vén de publicar o calendario completo.

O curso escolar 2017-2018 comezará en Galicia o 11 de setembro en Primaria e o día 15 en ESO, BAC, FP e ensinanzas especiais. Educación vén de publicar o calendario completo.
Portugal dá por controlado o incendio de Pedrógão Grande tras case 5 días e máis de 60 vítimas mortais. A superficie atinxida polas lapas rolda as 20.000 hectáreas. O xornal Público segue a informar ao minuto da evolución dos traballos de extinción.
O PP valora querelarse contra Terra Galega en Coristanco, que denunciou un intento de soborno a unha concelleira, 60 mil euros a cambio de apoiar unha moción de censura para que os populares recuperen a alcaldía
A Confederación Hidrográfica do Miño alerta do perigo de desabastecemento de auga en núcleos pequenos por mor da seca e asegura que o subministro está "garantido" para grandes poboaciones como Lugo, Ourense e Ponferrada. Unha primavera moi seca acrecentou unha situación na que Galicia chega ao verán cos seus encoros un 15% máis baixos do habitual
O Goberno central denuncia o Concello da Coruña pola bandeira republicana da Casa Museo de Casares Quiroga
Ferrol en Común acorda retirarlle as competencias á concelleira Esther Leira, á que pedirán que renuncie á súa acta. A asemblea da formación adoptou esta decisión por maioría tralas declaracións realizadas por esta nos últimos días aos medios
Feijóo di estar "razoablemente satisfeito" da aplicación da lei de dependencia en resposta a Leiceaga, que reprocha o difícil que é acceder a unha praza en residencias públicas. O socialista di que Galicia precisa 3.755 novas prazas para igualar a media estatal mentres a Xunta só promete 900 prazas en sete novas residencias nas sete cidades. O presidente replícalle comparando a situación actual coa do bipartito, cando aínda estaba a comezar a aplicación da lei.
A oposición municipal de Monforte reprobará o alcalde, José Tomé (PSdeG-PSOE), pola súa actitude "prepotente". A moción, que se presentará no pleno do vindeiro luns, será apoiada por PP, Esperta Monforte e polos catro edís que abandonaron o BNG
As nove persoas detidas este martes en relación coa manifestación de apoio ao CSOA Escárnio e Maldizer foron postas en liberdade a última hora de onte. Máis de 200 persoas participaron nunha concentración de protesta en Compostela contra a actuación policial, que se repetiu nas restantes cidades galegas
A folga no transporte por estrada continuará este mércores e os sindicatos non descartan "endurecer" a folga, ao tempo que lle piden ao Goberno galego que "tome nota" do éxito da mobilización, cunha incidencia do 100% nalgúns lugares.