Rueda asegura ser "optimista" ante a evolución dos incendios e que a Xunta traballa nun "plan de desescalada". Na súa visita ao Posto de Mando Avanzado de Quiroga, o presidente galego aclara que hai cinco incendios aínda sen control en Galicia.

Rueda asegura ser "optimista" ante a evolución dos incendios e que a Xunta traballa nun "plan de desescalada". Na súa visita ao Posto de Mando Avanzado de Quiroga, o presidente galego aclara que hai cinco incendios aínda sen control en Galicia.
Un vídeo amosa a destrución provocada polos incendios en varias parroquias de Vilamartín de Valdeorras. As imaxes aéreas, gravadas pola Garda Civil, mostra moreas de casas arrasadas polo lume en San Vicente de Leira ou Cernego.
Os incendios na provincia de Ourense captados polo satélite Sentinel 2, imaxe destacada polo programa Copernicus da UE, que advirte dos fogos masivos que afectan o noroeste da Península e da activación dun servizo especial de mapas pola emerxencia. Foto: © European Union, Copernicus Sentinel-2
Adif restablece a conexión ferroviaria entre Galicia e a Meseta tras unha semana interrompida polos incendios e Renfe habilitará trens extraordinarios.
Pirotécnicos piden ás autoridades "que eviten a suspensión arbitraria de espectáculos pirotécnicos pese á vaga de incendios". A Asociación Española da Pirotecnia pide "responsabilidade" aos concellos e que "non cancelen espectáculos pirotécnicos que poden ser autorizados incluso con índices de risco extremo de incendio por non afectar a zona forestal".
Trinta localidades acollen concentracións este vindeiro xoves 21 contra a "política forestal do PP". A plataforma Por un Monte Galego con Futuro, integrada por máis de 50 colectivos, convoca mobilizacións a partir das 20 horas en varias cidades e vilas de Galicia.
O Seminario de Estudos do Valadouro organiza este sábado, 23 de agosto, unha homenaxe en memoria do dramaturgo Manuel Lourenzo, finado o pasado día 10. Será ás 20 horas na Casa da Cultura 'Manuel Lourenzo' do Valadouro, concello natal do artista e do que foi nomeado fillo predilecto. Participará Xesús Pisón cun relatorio, haberá lecturas dramatizadas de textos de Lourenzo a cargo de Santiago Fernández, Inma Orol, Daniel Otero, Sabela Quirós, Helena Cornide e Moncho da Lomba; e as actuacións musicais de Miro Casabella, Ugia Pedreira e Mano Panforreteiro. [📸 Manuel Lourenzo recollendo o premio de honra na gala dos Mestre Mateo en 2021 © TVG]
O Goberno de España declarará como zonas afectadas por unha emerxencia de protección civil os municipios queimados na vaga de lumes. Pedro Sánchez incide no "compromiso" do Executivo coa veciñanza afectada cara á reconstrución unha vez se extingan as lapas. O Consello de Ministros do vindeiro martes aprobará a declaración de zonas de emerxencia, mentres, o presidente español lembra que permanece activado o mecanismo de protección civil europeo, que permitiu contar con recursos doutros países de Europa na loita contra os incendios. [📸 Sánchez na visita deste domingo a Ourense CC-BY-SA Xunta]
Luís Insua, do PP, novo alcalde de Fisterra tras triunfar unha moción de censura dos populares co apoio dun edil tránsfuga de Alternativa dos Veciños. A ex-rexedora, Áurea Domínguez, critica os "intereses particulares e espurios" dun acordo que non é público.
O Sergas restablece desde mañá mércores o servizo en todos os centros de saúde de Ourense tras reparar e garantir as súas comunicacións. Durante o luns e o martes nas zonas afectadas por incendios, con problemas de comunicacións, os servizos sanitarios estiveron centralizados en cabeceiras comarcais, deixando só enfermaría nos centros habituais. Agora retómase o servizo actual tras despregar 14 antenas para satélite e 80 quilómetros de fibra óptica.