O Seminario de Estudos do Valadouro organiza este sábado, 23 de agosto, unha homenaxe en memoria do dramaturgo Manuel Lourenzo, finado o pasado día 10. Será ás 20 horas na Casa da Cultura 'Manuel Lourenzo' do Valadouro, concello natal do artista e do que foi nomeado fillo predilecto. Participará Xesús Pisón cun relatorio, haberá lecturas dramatizadas de textos de Lourenzo a cargo de Santiago Fernández, Inma Orol, Daniel Otero, Sabela Quirós, Helena Cornide e Moncho da Lomba; e as actuacións musicais de Miro Casabella, Ugia Pedreira e Mano Panforreteiro. [📸 Manuel Lourenzo recollendo o premio de honra na gala dos Mestre Mateo en 2021 © TVG]
