Ante a multitude de iniciativas para colaborar coas persoas afectadas pola vaga de lumes, a central de emerxencias do 112 Galicia lembra que "para que a axuda sexa efectiva, é necesario facela chegar polas canles axeitadas". Así, sinalan que os puntos de recollida habilitados son os locais de Protección Civil de cada concello. Precísanse batelumes, lentes e luvas de protección e máscaras para evitar respirar as partículas en suspensión que están no aire.
