O Goberno de España declarará como zonas afectadas por unha emerxencia de protección civil os municipios queimados na vaga de lumes. Pedro Sánchez incide no "compromiso" do Executivo coa veciñanza afectada cara á reconstrución unha vez se extingan as lapas. O Consello de Ministros do vindeiro martes aprobará a declaración de zonas de emerxencia, mentres, o presidente español lembra que permanece activado o mecanismo de protección civil europeo, que permitiu contar con recursos doutros países de Europa na loita contra os incendios. [📸 Sánchez na visita deste domingo a Ourense CC-BY-SA Xunta]
