Os Mossos rexistraron esta mañá o maleteiro do taxi de Xavier Domènech, líder de Catalunya en Comú, por se ocultaba a Carles Puigdemont. Cóntao eldiario.es
Fálase
Detidos dous ultras do Frente Atlético por ameazar de morte a unha das testemuñas do caso Jimmy. Toda a información sobre o asasinato do afeccionado deportivista, aquí.
O presidente do Parlament de Catalunya adía o pleno de investidura de Puigdemont para formular alegacións ante o Tribunal Constitucional. Roger Torrent advirte de que "nin a vicepresidenta Soraya nin o Constitucional decidirán quen ten que ser o presidente" da Generalitat.
O vicepresidente Rueda asume dende hoxe "o despacho dos asuntos da Presidencia" da Xunta pola viaxe oficial de Feijóo a Israel. A remuda mantense ata o regreso do presidente, tal e como detalla o decreto que hoxe publica o DOG.
Un informe interno do Goberno británico revela que o impacto do Brexit será negativo "en calquera escenario". Revelouno Buzzfeed en exclusiva.
Podemos depurará o seu censo para evitar que persoas inscritas non activas voten nos seus procesos internos. A formación conta con 22.000 persoas inscritas en Galicia, 14.700 consideradas activas, que agora terán que achegar o seu DNI e se lles entregará unha "credencial de compañeiro/a"
O Parlament de Cataluña celebra este martes ás 15 horas a sesión de investidura do novo president da Generalitat. Antes, ás 10 horas, reunirase a Mesa da cámara. E ás 13 horas o Tribunal Constitucional decidirá se levanta a prohibición da posible investidura a distancia de Puigdemont. En todo caso Roger Torrent debería decidir se acata ou non esa prohibición.
O Goberno de Rajoy falou directamente con membros do Constitucional que tiñan que resolver sobre a investidura de Puigdemont. Nesas conversas, previas ao pleno, apelaron a "razóns de Estado" e negan que fosen "presións", segundo El País. Os maxistrados seguiron elaborando os fundamentos xurídicos do ditame despois de facelo público, informa eldiario.es
O Concello da Coruña presenta a programación do Entroido e os carteis da festa, inspirados en disfraces habituais da festa choqueira e en personaxes populares. O concello de Santiago tamén presentou este luns os actos do Entroido e o Meco deste ano.
A columna de fume que sae da refinaría de Repsol na Coruña é atribuída pola empresa á activación dun mecanismo de seguridade tras unha “parada imprevista” das súas instalacións. A empresa fala nun comunicado dun “fallo eléctrico” de “causas todavía descoñecidas”.