Hernández defende que Currás ten "todo o dereito do mundo" como "profesional" a ser o delegado de Tragsa en Galicia. A saída do ex alcalde do Concelo compostelán implicará que o equipo de goberno da cidade terá un 60% de membros non electos.
Fálase
Falece a escritora, xornalista e activista feminista Begoña Caamaño. En abril de 2012 apostaba en Praza Pública pola sororidade como "arma de empoderamento" para as mulleres. Recuperamos a entrevista, asinada por Montse Dopico, na súa lembranza.
Enric Juliana analiza en La Vanguardia as eleccións galegas de 2012 como "laboratorio electoral da indignación", recollendo como referencia o libro De Beiras a Podemos, de Anxo Lugilde, editado por Praza Pública.
A proposta organizativa do grupo de Pablo Iglesias gaña a votación de Podemos por algo máis do 80% dos sufraxios. Está a contalo El Diario
Israel prohíbe dende este luns que os palestinos utilicen os autobuses públicos. A medida foi adoptada polo Ministerio de Defensa polas presións de grupos de colonos e extremistas
Edmundo Fayanas Escuer denuncia en SinPermiso, ao igual que fixera Manuel Lago, o "escándalo" da descapitalización xeral de Endesa, que se producirá este mércores a través dun reparto histórico de dividendo que beneficiará o seu principal accionista, a empresa italiana ENEL. Fayanas Escuer cualifica a operación como un exemplo do "estúpido e ladrón capitalismo español"
A Garda Civil detén o ex número dous de Esperanza Aguirre nunha redada contra a corrupción. O xuíz quere saber a orixe dos cartos en Suíza que garda Francisco Granados.
Rajoy refírese aos casos de corrupción que afectan ao PP como "algunhas cousas" e defende que o Goberno de España está a "actuar" para que non volvan suceder. Recólleo Galiciaé
Abanca supera o 'stress test' ás entidades bancarias europeas cun cociente de solvencia do 9,14%, 3,64 puntos por riba do esixido, segundo informa a entidade nun comunicado. O proxecto de fusión das antigas caixas e o Banco Pastor, agora parte do Popular, tamén superaran os test de 2010
O Frente Amplio gaña as eleccións no Uruguai pero terá que concorrer a unha segunda volta despois de que Tabaré Vázquez obtivese arredor do 46% dos votos.