ADIF nega, a preguntas do BNG, que a liña de tren Ourense-Santiago sexa de alta velocidade, aínda que foi inagurada como tal. Tanto a Xunta como o Goberno central negaron o que antes afirmaran tras o accidente de Angrois.
Fálase
O PP atribúe a un "erro" a proposta de suprimir a liberdade vixiada para os maltratadores e asegura que a retirará de inmediato. Cóntao El País
Alemaña enrócase na negativa a Grecia e rexeita tamén a súa proposta de prórroga do rescate
O Observatorio Estatal da Dependencia volve situar a Galicia nos últimos postos do Estado. Analízao El Diario
A lei que condicionará as subvencións electorais da Xunta propón elevalas un 30%, segundo adianta Faro de Vigo
Ciudadanos disolve a súa dirección na Coruña tras un cesamento e dúas dimisións, segundo La Voz
A plataforma de doentes de Hepatite C entrégalle unha carta ao rei coas súas demandas durante a súa visita á Coruña. A misiva foi recollida por un dos escoltas de Filipe VI, que indicou que "respondería", sinalan.
Varios centos de persoas concentráronse este serán en Ferrol contra a taxa de saneamento imposta polo Concello. Forzas políticas da oposición, grupos ecoloxistas e colectivos veciñais critican un proxecto "custoso", "obsoleto" e "ineficaz" e instan a veciñanza a presentar recursos contra o seu cobro.
O presidente de ADIF, Gonzalo Ferre, declárase "sorprendido" por que o PSOE lle pregunte polo avance das obras do AVE en Ourense. "Hay grupos que son como más locales pero usted que representa al PSOE me sorprende que pregunte por Ourense", espetoulle á deputada Laura Seara, que ve na reacción do alto cargo unha mostra de "absoluto centralismo antidemocrático e antiparlamentario".
Alemaña rexeita a proposta de Grecia de ampliar o rescate e exixe máis concesións. Berlín di que non ofrece unha "solución substancial" ao problema e sitúa Grecia ao borde da expulsión do euro.