5A | Ciudadanos propón agora que a confluencia co PP en Galicia implique compartir candidaturas baixo o liderado de Feijóo cunha "papeleta conxunta" cos logotipos de PP e Ciudadanos. A voceira da formación en Galicia, Beatriz Pino, insta os populares a aceptaren polo "momento tan grave que vivimos". A proposta foi trasladada a través dunha carta enviada ás direccións estatal e galega do PP.
