O PP rexeita retirar da orde do día do pleno do Parlamento a reforma sanitaria, que comeza a debaterse na Cámara. Os conservadores rexeitaron a alteración da orde do día reclamada por En Marea, PSdeG e BNG ao fío do rexeitamento masivo da norma na manifestación do pasado domingo. As forzas da esquerda instaron o Goberno a frear o proxecto e optar polo "diálogo" cos colectivos afectados. "Se lexisla no Paralmento e non a golpe de contar manifestantes", argumentou o PP.
