Isabel Coixet rodará un filme sobre Marcela e Elisa, protagonistas da primeira voda entre mulleres no Estado, en 1901. Antes de chegar ao cinema a historia de Elisa e Marcela xa tornou en obra de teatro da man d'A Panadaría

Isabel Coixet rodará un filme sobre Marcela e Elisa, protagonistas da primeira voda entre mulleres no Estado, en 1901. Antes de chegar ao cinema a historia de Elisa e Marcela xa tornou en obra de teatro da man d'A Panadaría
O pleno da Coruña aproba definitivamente os Orzamentos do Concello para 2018 cos votos a prol da Marea Atlántica e o PSdeG. Cinco das sete principais cidades galegas teñen xa as contas deste ano aprobadas ou a piques de facelo. Mentres, Ferrol mantén prorrogadas as de 2015 e Ourense, as de 2014.
A neve segue a acumularse en varios puntos de Galicia, especialmente nas montañas do leste de Lugo e mais no sur da provincia de Ourense, tal e como recolle o radar de Meteogalicia. Prevese que as precipitacións en forma de neve continúen este martes. Na imaxe captada por Meteogalicia, efectos da nevarada dos Ancares.
O ministro de Fomento reitera que o Goberno de España non vai acceder á transferencia da AP-9 a Galicia, que o Parlamento galego pediu por unanimidade. Íñigo de la Serna asegurou nunha entrevista na Cadena SER que o gabinete de Rajoy se mantén no bloqueo porque "é unha autoestrada da rede estatal e o Estado ten que ter competencias". Mentres, na Radio Galega, o deputado do PP de Ourense e presidente da comisión de Fomento no Congreso atribuíu o "non" á situación política catalá.
ÚLTIMA HORA | A Audiencia Nacional ve indicios para xulgar a Fernández de Sousa e a antiga cúpula de Pescanova por oito delitos societarios. Consulta aquí toda a información
"Espanhóis invadem as flores portuguesas com as suas abelhas", destaca Público na súa portada. Os apicultores lusos denuncian o traslado de 120 mil colmeas dende Salamanca para "pastar" en territorio portugués, subliñando que esta ocupación se realiza sen apenas controis.
O CIS mantén o PP como forza máis votada en España, pero en descenso, e eleva a Ciudadanos á térceira posición. Os populares terían o 26,3% do voto válido, apenas 3 puntos por diante do PSOE (23,1%) e algo máis de seis puntos máis que os de Rivera (20,7%). Unidos Podemos e as súas confluencias serían cuarta forza, na contorna do 19%.
Detido o narco galego Sito Miñanco en Algeciras nunha operación contra o narcotráfico e o branqueo de capitais. Tamén foi detida unha das súas fillas en Cambados. Consulta aquí a información
Arxentina captura un barco de Marín “pescando ilegalmente” na súa Zona Económica Exclusiva. A Prefectura Naval arxentina informa de que o Playa Pesmar Uno, con 34 tripulantes e 320 toneladas de pescado procesado a bordo, está a ser inspeccionado e de que o capitán acatou as ordes de deter a navegación e non levantar a rede que tiña botada ao mar.
As áreas montañosas de Lugo e Ourense e mais o interior de Pontevedra están hoxe en alerta amarela por neve. O aviso tamén é amarelo en todo o litoral por mor do vento, segundo detalla Meteogalicia