Twitter comeza a experimentar cos 280 caracteres por tweet para comprobar se aumenta a interacción e a participación dos seus e as súas usuarias
Fálase
A participación no referendo de autodeterminación do Kurdistán iraquí acadou o 78%. O Goberno rexional asegura que agora negociará con Bagdad a súa independencia, non aceptada polo Goberno iraquí, por Irán e Turquía, que responden con despregue de tropas e peche de fronteiras
Rajoy reúnese con Trump, que defende que España "siga unida". "Sería una tontería marchar", dixo, dun "gran país, bonito, histórico".
El Diario entrevista David Fernández (CUP): "O problema do Estado español é que non sabe nin gañar nin perder, só sabe vencer"
O Goberno de Rajoy adía a presentación dos Orzamentos de 2018 e non desbota unha prórroga dos actuais por falta de apoios parlamentarios. As actuacións do Executivo central a respecto de Catalunya poñen en cuestión que o PP poida volver contar co PNV para sacar adiante as contas.
A Estación Espacial Internacional será visible esta noite dende Galicia. Vén de anuncialo Ignazio Magnani, que fai seguimento do percorrido da estación a través da súa conta de Twitter.
O Parlamento aproba a nova lei de benestar animal, que incorpora medidas como a prohibición dos circos con animais e incrementa a protección de diversas especies fronte ao maltrato, pero mantén as touradas ao deixalas fóra do seu ámbito de aplicación. O texto só tivo o apoio do PP.
VÍDEO | O BNG esixe a devolución do patrimonio espoliado polos Franco cunha nova ocupación simbólica, desta volta na casa Cornide da Coruña. Consulta aquí toda a información
O PP rexeita a comparecencia de Marcial Dorado e Feijóo no Senado como pedía Podemos. A maioría absoluta dos populares na Cámara Alta permítelles seguir en solitario coa súa investigación política das contas de PSOE, Podemos e Ciudadanos, que deixaron de asistir ás reunións da comisión.
A CIG sinala que a empresa concesionaria do servizo de cafetería do Hospital Clínico de Santiago, Aramark, recoñeceu a instalación dunha cámara oculta na sala de descanso do persoal e que con ela buscaba supostamente investigar un "descadre de caixa".