Lula toma posesión como presidente do Brasil coa promesa de “reconstruír” o país contra “tudo aquilo que o torna tão desigual”. Tras vencer a Bolsonaro e con 77 anos o político retorna á presidencia que xa ocupara entre 2003 e 2010.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/a-5638365.jpeg)
Lula toma posesión como presidente do Brasil coa promesa de “reconstruír” o país contra “tudo aquilo que o torna tão desigual”. Tras vencer a Bolsonaro e con 77 anos o político retorna á presidencia que xa ocupara entre 2003 e 2010.
Morre aos 92 anos Rogelio Groba (Guláns, Ponteareas, 1930), compositor de máis de 700 obras de música clásica.
🎉Este 1 de xaneiro, Aninovo, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Deixámosvos aquí moito para ler e o luns estamos de volta. Boas festas!
O arcebispo de Santiago vén de pechar a Porta Santa da catedral poñendo así fin ao ano santo extraordinario ditado polo papa para 2022. Non volverá abrir ata dentro de catro anos, o 1 de xaneiro de 2027, ano no que o Día de Santiago volve cadrar en domingo.
Estes son os festivos do calendario laboral de 2023. A estas datas hai que engadir as dúas festividades locais de cada concello, publicadas neste DOG.
Morre o papa emérito Bieito XVI aos 95 anos. Visitou Santiago en 2010 e ostentou o papado entre 2005 e 2013, cando deixou paso a Francisco.
Tras duascentas incidencias por chuvia e vento o venres, este sábado 2022 dá o paso a 2023 con avisos laranxa por vento e ondas e amarelos por precipitacións que tenderán a remitir durante o día 1.
O Ministerio de Transportes licita a remodelación do enlace norte de Pontevedra da AP-9 por 11 millóns de euros.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindica na súa mensaxe de fin de ano ao PSdeG como a "alternativa aberta e inclusiva" para Galicia e chama a recibir o 2023 con "confianza e ilusión renovada". No vídeo da mensaxe, os socialistas amosan diversos actos e visitas realizadas por Formoso no ano que remata.
A Xunta publica no DOG o reparto das subvencións anuais a empresas editoras de medios de comunicación na súa convocatoria de 2022, que distribúen 1,97 millóns de euros. Divulga tamén a asignación de axudas a empresas editoras de publicacións en galego, dotadas con 198.385 euros. Nas ligazóns inferiores podes consultar os gráficos interactivos coa distribución das achegas. Estas son as únicas convocatorias para o sector suxeitas a criterios obxectivos e o Goberno galego limítaas a empresas, excluíndo calquera outra forma xurídica. As restantes achegas a medios realízanse mediante outras fórmulas coma convenios, alén das insercións publicitarias.