O CB Breogán logra o maior triunfo da historia da LEB ao impoñerse por 50-113 ao Cáceres
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/58015a1e744df-97761_2.jpg)
O CB Breogán logra o maior triunfo da historia da LEB ao impoñerse por 50-113 ao Cáceres
O Goberno portugués amplía a gratuidade dos libros de texto e sobe lixeiramente as pensións e prestacións ao persoal público. O Executivo do socialista António Costa, que goberna co apoio do Bloco de Esquerda e o PCP, prevé un novo imposto sobre bebidas, entre outras mudanzas que inclúe no proxecto de Orzamentos para 2017, avanzado polo xornal Público.
O presunto líder da Gürtel declara no xuízo que as construtoras OHL, ACS e Dragados financiaron o PP con cartos en negro e asegura que mediou ante os ministerios de Fomento e Medio Ambiente na etapa de Aznar. Dúas das compañías anuncian querelas contra Francisco Correa.
Uns 2.000 traballadores de Navantia protestan ante o presidente da empresa en Ferrol e impiden a xuntanza con empresarios da zona que tiña prevista. "Está tentando afundir esta comarca" promovendo baixadas de prezos, din. Recólleo Ferrol 360
As traballadoras e traballadores de Extel concentráronse este mediodía na Coruña. O persoal está en folga este venres, un paro que se repetirá o vindeiro martes, en protesta contra o ERE que pode deixar na rúa a 205 persoas. Durante a xornada de hoxe está en marcha unha campaña de chamadas masivas ao 1004 (entre as 10 e as 11 da mañá e de 5 a 6 da tarde) solicitando atención en galego.
O parlamento da rexión belga de Valonia rexeita o CETA (por 46 votos contra 16) e pon en dúbida a ratificación do acordo da UE con Canadá. A cámara xa aprobara unha resolución semellante en abril.
O presunto líder da Gürtel retoma a declaración tras afirmar que obras do goberno Aznar implicaban comisións do 3% ao PP. Francisco Correa obviou, no entanto, nomes concretos de ministros ou empresas.
A construtora do Museo da Cidade da Cultura, FCC, insiste en reclamar á Xunta 9,3 millóns por sobrecustos logo de que unha primeira sentenza os rebaixase a 1,8 millóns.
O alcalde popular de Malpica, Eduardo José Parga Veiga, e o seu antecesor, o socialista José Ramón Varela Rey, serán xulgados por delito urbanístico. O rexedor obtivo o ano pasado a maioría absoluta malia presentarse xa imputado.
Un perito de Angrois di que os informes que Adif vén de entregar no xulgado con tres anos de atraso recollen “por primeira vez” unha análise de riscos do AVE Ourense-Santiago, pero engade que “non queda claro” que analizaran o risco concreto da curva.