Alcoa anuncia o peche das súa plantas na Coruña e Avilés. Consulta aquí toda a información

Alcoa anuncia o peche das súa plantas na Coruña e Avilés. Consulta aquí toda a información
A ex-conselleira Beatriz Mato cesa como vogal no Porto da Coruña en representación da Xunta. A agora deputada e candidata do PP á alcaldía coruñesa era membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria dende 2013, cando aínda era conselleira de Traballo e Benestar.
VÍDEO | O presidente de Portugal axuda a arrincar eucaliptos plantar no seu lugar especies autóctonas como carballos. Marcelo Rebelo de Sousa amosou así o seu apoio a esta iniciativa en Vouzela xunto ao ministro do Planeamento, Pedro Marques, un ano despois da vaga de incendios, no marco das medidas contra o lume. A intensidade daquela vaga xerou unha nube que impediu unha traxedia maior en Galicia. Portugal ten en marcha unha moratoria á plantación de eucaliptos. Vídeo do acto na RTP (Imaxe: Goberno de Portugal).
O PP queda só no Congreso na defensa dunha reforma para ilegalizar os pactos de goberno nos concellos se non participa deles a lista máis votada. Só UPN, aliado tradicional dos populares, votou a prol da proposición de mudanza electoral, que foi rexeitada. Feijóo vén sendo un dos principais valedores desta proposta dentro do PP.
O bispo de Astorga, diocese que inclúe Valdeorras, novo responsable antipederastia da Igrexa española malia non expulsar un abusador. Está a contalo eldiario.es.
Casado retruca á posible despenalización da eutanasia afirmando que "este problema non existe en España". O líder do PP aborda así a cuestión despois de que os propios populares atrancasen a proposición de lei do PSOE no Congreso mediante sucesivas ampliacións dos prazos de emendas.
SORTEO | Unha fin de semana de balde en Santa Maria da Feira con Praza Pública e o Eixo Atlántico. Velaquí todos os detalles
Amnistía Internacional reclama a "liberdade inmediata" dos líderes soberanistas cataláns Jordi Sànchez e Jordi Cuixart ao faceren un ano en prisión preventiva. A esta reclamación uníronse diversas entidades sociais e forzas políticas en Catalunya. (Imaxe: TV3)
A Conferencia de Reitores cede ao banco Santander a xestión da aplicación móbil oficial das universidades públicas. Cóntao eldiario.es. No caso das universidades galegas as ligazóns con esta entidade bancaria son múltiples dende hai anos
O 25 de outubro (20:00, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña) estréase o documental Outra Coruña posible, no que Lois Alcayde Dans, Paula Durán e Paula Quiroga debullan a figura de Domingos Merino e o seu papel como primeiro alcalde democrático da Coruña tras a ditadura.