Eduardo Zaplana, detido pola Garda Civil. O seu nome apareceu vinculado á operación Púnica e en conversas gravadas a Ignacio González durante a operación Lezo.
Fálase
Rajoy refírese á vez en pasado e futuro á ampliación aínda non rematada da ponte de Rande, “obras inauguradas en decembro de 2017 polas que ampliaremos a capacidade da AP-9”. En plena polémica polos atascos que producen os traballos aínda non rematados cinco meses despois, o presidente eloxia a actuación como “unha obra histórica para Vigo realizada en tempo de crise”, obviando que será pagada polos usuarios cunha suba de peaxes en toda a autoestrada.
Os galegos Iago Aspas e Lucas Vázquez, citados pola selección española para xogar o Mundial de fútbol deste verán en Rusia. Thiago e Rodrigo, criados na canteira da ED Val Miñor, tamén forman parte da lista facilitada esta mañá.
Falece o deputado do PPdeG Carlos López Crespo, segundo vén de confirmar o presidente da Xunta. Antes da súa chegada ao Parlamento fora alcalde de Outes.
Ponte Caldelas rexistrou esta noite un novo tremor de terra (de dous graos na escala Richter) e suma 37 na última semana, que tamén se están sentindo en Pontevedra e Vilaboa.
Nicolás Maduro gaña as eleccións presidenciais en Venezuela cunha participación do 46%. EE.UU. e a UE non recoñeceron estes comicios, que tamén boicoteou unha parte importante da oposición.
O empresario de orquestras Lito debe facer fronte a un novo xuízo con multas millonarias e peticións de penas que suman 35 anos de cadea. Recentemente foi absolto doutros dous delitos contra a facenda pública ao anularse os rexistros efectuados pola Axencia Tributaria
O incendio forestal que se produciu onte na parroquia de Sabucedo (A Estrada) queimou un total de 78 hectáreas. O lume ficou extinguido este domingo ao mediodía.
Venezuela celebra eleccións presidenciais este domingo, nas que Nicolás Maduro opta á reelección fronte a outros tres candidatos. Boa parte da oposición chamou a boicotear os comicios.
O Goberno de Rajoy non acepta o nomeamento dos consellers designados por Quim Torra, por incluír políticos presos ou reclamados pola xustiza, o que implica o mantemento da aplicación do artigo 155 en Cataluña