Movementos sociais
Federici: "O 8M debe concretarse en programas que permitan pensar máis aló do capitalismo"
A escritora e profesora italo-estadounidense ofreceu, tralo seu paso pola Semana de Filosofía de Pontevedra, unha conferencia na Coruña que serviu para inaugurar a Escola de Empoderamento Feminista da cidade. Destacou a forza demostrada no 8 de marzo, que espera que permita crear novas axendas políticas no espazo produtivo e reprodutivo.
A xustiza anula unha multa da lei mordaza a unha manifestante por unha sentada na rúa en Santiago
O xulgado ve "contraria a dereito" a sanción imposta pola Subdelegación do Goberno na Coruña, baseada na acusación policial dunha suposta desobediencia e negativa a identificarse nunha sentada ante o antigo colexio Peleteiro durante as mobilizacións contra o desaloxo do centro social ocupado 'Escárnio e maldizer'
O Comité Científico do Ministerio resolve que o eucalipto é unha especie invasora e recomenda a súa erradicación
O ditame, unánime, inclúe todas as variedades peninsulares desta árbore -dende a globulus á nitens- e responde a unha consulta realizada polo Concello de Teo, que o pasado ano aprobou unha moción contra a eucaliptización que solicitaba a súa incorporación ao Catálogo de Especies Invasoras
Sergio Peñamaría de Llano, un alcalde franquista con rúa na Coruña
Manuel Monge
Por que falamos de ‘crise’ demográfica?
Laureano Araujo
Un informe encargado pola Xunta alertou de "risco extremo" de desprendemento na zona das Catedrais onde morreu a turista
O documento marca entre as de maior perigo a área onde faleceu a moza e advirte de que a elevada afluencia de visitantes "incrementa a probabilidade" de accidentes, máis factibles "despois de fortes chuvias". Un dos autores recomendou o uso de casco no interior das covas.
Unha ducia de novas para recuperares se desconectaches durante a Semana Santa
A semana que transcorreu do 26 de marzo ao 1 de abril foi para moita xente de desconexión das actividades cotiás, xa fose por devoción relixiosa ou por lecer. Así e todo, a actualidade non parou. Velaquí un repaso para volver coller o ritmo.
A morte dunha moza marca o inicio do novo sistema de acceso á praia das Catedrais
Unha muller que visitaba o areal faleceu tras caerlle unha pedra na cabeza. O areal seguirá pechado durante este luns logo das inspeccións realizadas pola Garda Civil e técnicos de Medio Ambiente, consellería que inaugurara nesta Semana Santa un método que axilizaba a entrada.
"José Couso é unha vítima incómoda dunha guerra baseada en datos falsos"
O 8 de abril cúmprense 15 anos do asasinato do cámara galego José Couso nun ataque do exército dos EUA en Bagdad. A Audiencia Nacional arquivou o caso en 2015 tras a reforma do PP da xustiza universal e a familia presentou recurso no Constitucional. "Fomos incómodos desde o principio", di David, irmán de José.
A ONU advirte a Xunta por falta de información sobre os proxectos mineiros
Nacións Unidas, a través da comisión de cumprimento do Convenio de Aarhus, admite a trámite unha queixa de dous colectivos galegos e obriga o Goberno galego a explicar por que impide o acceso á información ambiental de diferentes iniciativas industriais.
O acivro e a involución
Xabier Vázquez Pumariño