A Xunta celebra que a metade do monte galego será eucalipto ou piñeiro no 2038
A revisión do Plan Forestal prevé incrementar en 25.000 hectáreas as masas de eucalipto e en 95.000 as de piñeiro. Sumando o espazo dos montes nos que estas especies se mesturan con outras, totalizarán case un millón de hectáreas, dous terzos da superficie arborada e case a metade da superficie total