Movementos sociais
O eterno desmantelamento do tren Ferrol-Ribadeo: 13 cancelacións nun só día
O pasado luns suprimíronse máis dunha ducia de traxectos do FEVE da costa norte galega, que sufriu máis de 900 cancelacións en 2017 e segue a esmorecer entre avarías, atrasos e escaso investimento. A plataforma pola defensa da liña denuncia unha "desastrosa xestión" que cre "premeditada".
A CIG únese ás centrais nacionalistas vascas e catalá para denunciar o "ataque" á democracia no Estado
A central galega, ELA, LAB e Intersindical-CSC denuncian en Compostela a "criminalización" e "persecución" que din sofrer e piden a fin da "represión" en Catalunya.
A xustiza avala a decisión do Concello da Coruña de poñer fin ás touradas
O tribunal contencioso-administrativo da cidade desestima o recurso presentado pola empresa organizadora do espectáculo, baseado no carácter de "patrimonio cultural" outorgado polo Goberno central ás corridas. O xuíz determina que a autonomía local debe estar por riba desa pretendida defensa da tauromaquia
Un meigalho feminista
Carlos C. Varela
Milleiros de persoas secundan as mobilizacións sindicais a prol das pensións públicas
Unha vintena de mobilizacións convocadas pola CIG e unha ducia de CC.OO. e UGT devolven ás rúas de vilas e cidades a reivindicación de subsidios de xubilación "dignos" para as persoas pensionistas da actualidade e a súa garantía no ámbito público para as vindeiras xeracións
Breve análise da greve do 19 de abril
Omar Lourés Lamas
"O PP quere roubarlles o monte veciñal ás comunidades"
ENTREVISTA | O domingo 22 está convocada en Santiago unha manifestación pola defensa do monte veciñal, ante as modificacións lexislativas introducidas que permiten a súa cesión a empresas privadas por períodos de 50 anos. Falamos con Xosé Alfredo Pereira, presidente da ORGACCMM
Pensións, Sergas e cortes de luz, os temas que acumularon máis queixas ante a Valedora do Pobo
A institución presentou este venres o seu informe correspondente ao ano 2017, no que tramitou 2.359 asuntos, un número semellante ao do ano anterior. A Valedor destaca o esforzo posto en coñecer máis de preto as problemáticas que afectan á zona rural.
Magnifico reitor rectifique, por favor
Emilio M. Martínez Rivas
José Pérez-Ardá, alcalde franquista e membro do Tribunal de Responsabilidades Políticas
Manuel Monge
Máis de 30 operacións suspendidas no hospital Álvaro Cunqueiro por fallos na esterilización
A aparición dunhas partículas brancas nos colectores que transportan o material obrigou a suspender e reprogramar varias intervencións, algo que non é a primeira vez que sucede no centro vigués.