Movementos sociais
O tribunal que xulgou a 'La manada' sentencia que o ataque sexual que cometeron non foi unha violación
A Audiencia de Navarra condena a nove anos de prisión aos cinco acusados por un delito continuado de abuso sexual e absólveos do de agresión sexual, polo que entende que non existiu violencia ou intimidación
Cando remata unha folga?
Constantino Novoa
O Concello de Xinzo homenaxea os 'desecadores' da Lagoa de Antela no 60 aniversario das obras
O desecamento comezou en 1958, completándose varios anos máis tarde e provocando un moi importante dano medioambiental. Entidades coma a SGHN traballan na recuperación das antigas veigas e chairas de asulagamento, buscando recobrar a biodiversidade perdida e actividades tradicionais coma a gandaría extensiva
Nestes concellos está a aumentar a poboación moza
A pesar do envellecemento xeral e das reducidas taxas de natalidade, 87 localidades incrementaron na última década os seu número de nenos, nenas e adolescentes. Nomeadamente as zonas próximas a Vigo, A Coruña e Compostela, pero tamén moitas cabeceiras comarcais en todo o país, que concentran a poboación nova da súa contorna
Os maiores de Rianxo logran un centro de día tras un ano de loita e nove meses de peche
O Concello adquirirá o Pazo de Rianxiño, coa axuda da Deputación e tras a negativa da Xunta a construír a infraestrutura, para adecualo como sede do demandado espazo tras a mediación da plataforma que lidera a reivindicación e o encerro nas dependencias municipais desde o verán pasado.
"A Policía campa ás súas anchas pola USC"
Unha concentración convocada por alumnado, PAS e PDI denuncia a intensificación das accións policiais no interior das facultades e nos campus. No paro estudantil do pasado 19 de abril varios integrantes de piquetes e un bedel foron identificados polos axentes, o mesmo que na folga do 8M, cando algunha muller foi mesmo acusada de "coaccións".
O Sergas retira da súa web o folleto que recomenda a 'marcha atrás' como anticonceptivo
O documento xa non se pode descargar da páxina, na que se pode ler a mensaxe 'texto en revisión'. Este luns o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, xustificaba que a presenza deste método se debía á decisión de "expertos xinecólogos" e culpaba ao Bipartito da súa publicación.
Ribadeo volve reclamarlle á Xunta que cumpra a súa propia lei de prevención contra incendios
O alcalde lémbralles aos propietarios de montes próximos a vivendas que o 31 de maio remata o periodo voluntario para que desbrocen as faixas de protección de 50 metros e reitera que quen non o faga será multado. Reclama a colaboración do Goberno galego para facer cumprir a norma, aprobada hai unha década
A chuvia arrastra no Courel cinza dos incendios do outono
As fortes treboadas do pasado domingo provocaron un aluvión de terras que tinxiu de gris do Río Lor. En outubro o lume arrasou 140 hectáreas en Meiraos e Caurel Vivo critica que a única actuación da Xunta foi "botar dous camións de palla en decembro. "Se non se fai prevención, a culpa non é só dos incendiarios", di Óscar Carrete
Queremos Galego reivindicará o 17M o esforzo do "pobo" por normalizar a lingua fronte ao desleixo da Xunta
A plataforma cidadá presenta outra nova mobilización no Día das Letras en Compostela baixo o lema En galego día a día e acusa a Xunta de aplicar un "155 lingüístico" en Galicia.
O persoal da Xustiza en folga acampa ante a sede da Xunta "ata que haxa un acordo"
CON VÍDEO "Que non se lles ocorra que isto remate por esmagamento", advirte o comité de folga, que tras setenta e cinco días de mobilizacións resalta que a diferenza nas negociacións é dunha media de 12 euros de incremento salarial e pregúntase se Rueda "non ten interese ou ten prohibición" de chegar a un acordo