Os sindicatos da Xustiza que rexeitan o pacto coa Xunta, dispostos a "interromper" a folga para volver negociar
CIG, CUT e SJAT piden ao Goberno "sentar e negociar sen levantarse da mesa" desde este mércores. USO, sindicato maioritario, recoñece os resultados da votación e pide seguir negociando, pero critica a actitude "belixerante" dalgunhas centrais.