Movementos sociais
Homenaxeados os guerrilleiros mortos en 1949 na batalla de Repil
O 20 de abril de 1949 seis homes foron abatidos pola Garda Civil neste lugar, no límite entre Monforte e A Pobra do Brollón. Dende hai dous anos un equipo investiga aquí estes feitos e o pasado sábado varias charlas afondaron no que sabemos sobre a guerrilla antifranquista en Galicia.
O mesmo número de incendios, pero moito máis feroces
No 2017 arderon 62.000 hectáreas, o segundo peor exercicio para o monte galego dende 1989. Porén, o número total de lumes foi relativamente reducido, confírmándose a tendencia a sufrir menos incendios pero moito máis destrutivos. O pasado ano cada un queimou unha media de case 20 hectáreas, moito máis que no terrible ano 2006.
O Sergas inclúe a 'marcha atrás' nun folleto sobre métodos anticonceptivos recomendados
Destaca que "non existen métodos bos e métodos malos" e concédelle ao coito interrompido unha eficacia do 73% ao 96%, explicando que "depende de se se emprega correcta e sistematicamente". Advirte, iso si, que non protexe das infeccións de transmisión sexual
Estas son as 77 parroquias máis castigadas polo lume
MAPA INTERACTIVO | O Pladiga delimita aquelas entidades máis afectadas polo lume nos últimos anos, ben polo gran número de incendios sufridos, ben pola extensión dalgún deles. Destas Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI), 52 sitúanse na provincia de Ourense, 15 na de Pontevedra, 9 na da Coruña e só 1 en Lugo
O PP rexeita investigar as causas da expansión da praga da pataca
Os populares botaron abaixo unha proposición non de lei do PSdeG-PSOE para analizar as razóns polas que fracasaron os controis establecidos polo Goberno galego e para poñer en marcha medidas máis eficaces. Medio Rural só se comprometeu a informar na cámara sobre o estado actual do avance da couza guatemalteca na Costa da Morte.
A Xunta non aumenta o persoal de loita contra o lume nin introduce grandes cambios na súa estratexia
A Xunta aprobou este xoves o Pladiga, que condensa a súa política de defensa contra os incendios, que apenas muda. Medio Rural só destaca que "por primeira vez" se cubrirán todas as vacantes do dispositivo e que contempla a posibilidade de ampliar o seu tempo de traballo. Ademais, estende ata finais de outubro a tempada de alto risco.
As Encrobas lembran a Moncho Valcarce no seu 25 cabodano
Este sábado terá lugar a II Marcha pola Memoria, que fará fincapé no papel desenvolvido polo crego na loita contra a ocupación de terras por parte de Unión Fenosa en 1977. O pasado ano 300 persoas participaron nos actos, que comezarán ás 11 horas en Pontoxo (Cerceda)
Gañar a ilusión
Manuel V. Bermúdez Blanco
Medio Rural sinala 800 comunidades de montes con incumprimentos graves, 1 de cada 4
O PP modificou en decembro a lei, facilitando a incorporación ao Banco de Terras daqueles montes que a Xunta determine que se atopan "en desuso" e coa posibilidade de seren posteriormente cedidos a empresas privadas
A Xunta adía o debate sobre a chegada de madeira relacionada co asasinato de campesiños en Brasil
Este venres é o aniversario da matanza de Colniza, na que paramilitares acabaron coa vida de nove sem terra. O PSdeG-PSOE presentou unha pregunta parlamentaria -que debería ter sido respondida hoxe- sobre o desembarco en Vigo de madeira relacionada con estes feitos. O aprazamanto "cheira a queimado" para os socialistas
O estudantado galego enche as rúas por un ensino "democrático e feminista"
Máis dunha ducia de manifestacións percorren vilas e cidades do país en rexeitamento da Lomce e por unha Lei Galega de Educación e reclamando un ensino "público, de calidade" e libre de machismo.