Julia Otero defende "a educación e as mobilizacións" contra os ataques á liberdade de prensa
A xornalista recolle en Ferrol o Premio José Couso, que cualifica de "responsabilidade polo nome e polo compromiso moral que leva consigo". O manifesto do Colexio de Xornalistas, redactado por Xosé María Palmeiro, o seu primeiro decano, reivindica o oficio de "informar e servir á cidadanía"