Galicia contará cunha Fiscalía especializada en violencia machista
Rosalina Carrera, designada para o posto, estaba dende o ano 2012 á fronte da Sección de Violencia sobre a Muller na provincia de Pontevedra. A comunidade convértese na cuarta autonomía con esta figura. No último ano as denuncias por violencia de xénero incrementáronse un 18% e a cifra leva en ascenso dende o ano 2012.