Ourense inicia o proceso para incrementar as rúas e prazas con nome de muller
Tan só o 16% do rueiro da cidade é feminino e a metade destes nomes refírense a virxes e santas. O Concello abriu un proceso participativo para que a cidadanía presentase as súas suxestións, a partir dunha moción de Ourense en Común aprobada por unanimidade no pleno. Este xoves unha mesa de traballo debateu posibles propostas