Movementos sociais
Non son picos de gripe, son picos de recortes
Beatriz Gómez Gómez
Menos Sogama, máis compostaxe
Pedro Cortegoso Gago
A caravana pola sanidade pública da Mariña acusa o PP de "baleirar de contido os hospitais comarcais"
Máis de 300 vehículos e un milleiros de persoas participaron na terceira etapa desta mobilización, que tivo Burela como escenario. O 4 de febreiro unha manifestación en Compostela protestará contra a política sanitaria da Xunta e a supresión das áreas do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés.
Crônica da morte de um anti-fascista
Ramiro Vidal Alvarinho
A Plataforma Antilindano pide unha investigación no Porriño e Mos para localizar zonas contaminadas
A entidade está a recoller testemuños da veciñanza sobre numerosos lugares nos que se puido depositar terra que contiña este pesticida canceríxeno. Reclama unha actuación decidida de Xunta e Concellos para atallar o problema
"O colapso sanitario de xaneiro arránxase en xuño, non en xaneiro"
A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria reclama melloras de xestión e de financiamento na Atención Primaria e nos Centros de Saúde, lembrando que "debe ser o eixo da xestión da saúde da poboación" e que a prevención pode evitar as situacións puntuais de colapso que se producen no inverno por mor da gripe.
Ourense inicia o proceso para incrementar as rúas e prazas con nome de muller
Tan só o 16% do rueiro da cidade é feminino e a metade destes nomes refírense a virxes e santas. O Concello abriu un proceso participativo para que a cidadanía presentase as súas suxestións, a partir dunha moción de Ourense en Común aprobada por unanimidade no pleno. Este xoves unha mesa de traballo debateu posibles propostas
Implícate: Unha noite para ver o mundo con outros ollos
Este domingo terá lugar no Teatro Principal de Compostela a gala organizada por Implicadas no Desenvolvemento, coa actuación de Atrás Tigre, Mounqup, Roi Casal, ISI, Marta Iglesias e Xacarandaina, entre outras/os. A recadación irá destinada a financiar proxectos de cooperación do sur da India.
Interinos advirten de que un de cada tres médicos de Primaria "traballa en precario e sen praza"
A Asociación de Médicos Interinos de Galicia asegura que as cifras de reais de temporalidade achegadas polo Ministerio de Sanidade sitúan no 35% a taxa na Atención Primaria en Galicia, lonxe do 8% a nivel global do que fala o Sergas
O lindano: o pesticida canceríxeno sobre o que pisan os habitantes da Louriña
A Plataforma Antilindano da Louriña esixe unha acción decidida da Xunta e dos concellos para eliminar os residuos tóxicos producidos entre 1947 e 1964 na planta de Zeltia no Porriño e que despois foron soterrados e mesmo distribuídos por toda a comarca para facer camiños e estradas porque "compactaban moi ben"
A CIG denuncia a Xunta por negarse a medir o nivel de radon nos seus centros de traballo
O sindicato leva cinco anos solicitando medicións das concentracións deste gas canceríxeno -como esixe a lei- nos inmobles que acollen os Servizos Centrais da administración galega, localizados principalmente en Compostela. Agora leva o tema ante Inspección de Traballo. Falamos con Fulgencio Fernández (CIG) e Alberto Ruano (Laboratorio de Radon de Galicia - USC)