Movementos sociais
Un recorte nas axudas da Xunta deixa no aire dez prazas de atención a persoas con síndrome de Down
Down Galicia deixará de recibir 176 mil euros, necesarios para prestar servizos de inserción laboral, inclusión escolar ou de fomento da vida independente. Delmiro Prieto, presidente da entidade, salienta que aínda están a estudar os efectos da redución de fondos, que obrigará a limitar os seus servizos.
Os antibióticos, unha das seis grandes novas ameazas ambientais no século XXI
Maica Jabois
Veciñanza de Teis e Chapela protesta polas obras sen rematar na AP-9 un mes despois da inauguración
Piden a Fomento medidas contra o ruído e prazos concretos para que a autoestrada agora ampliada que ven pasar xunto ás súas casas ademais poida serlles útil tamén a eles
Revolta das Pedradas, 1918: O día que a fame puido máis que o medo
REPORTAXE | Varios concellos da comarca de Ferrolterra están a celebrar o centenario dunha mobilización popular, labrega e obreira motivada polo incremento dos prezos dos produtos de primeira necesidade e que rematou con -cando menos- nove mortes e a intervención do exército.
Os plenos de Rianxo, Cambados e A Illa piden por unanimidade a paralización da Mina de Touro
O PP apoiou tamén as mocións impulsadas pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, que lle piden á Xunta que desestime o proxecto e elimine a contaminación aínda existente.
A folga do persoal de Xustiza redobra a presión na demanda de melloras laborais
Apenas o 16% dos empregados acudiu este xoves ao seu posto de traballo. Máis de dúas mil persoas manifestáronse en Compostela en reivindicación de incrementos salariais, dereitos contractuais e contra a eliminación de prazas, que nos últimos anos levou a ralentizar os procesos e a un incremento da súa carga de traballo.
Galicia acollerá o campionato de España de caza do raposo, de novo envolto na polémica
Celebrarase o 3 de febreiro nun espazo situado entre os concellos de Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Forcarei e A Estrada. Libera, En Marea e BNG critican o apoio económico da Xunta a estas prácticas e piden a suspensión da competición, que non estaría amparada pola Lei de Caza, segundo as entidades denunciantes.
Wundanyi
Diego Cidrás
A maioría da veciñanza de Ourense e da Coruña naceu fóra do municipio
Son as únicas cidades galegas onde máis da metade da poboación chegou doutras localidades, principalmente doutros municipios galegos. Ferrol e Vigo son as que teñen maior porcentaxe de residentes nados na propia urbe.
O 80% dos concellos da provincia de Pontevedra carecen de servizo de normalización lingüística
A Mesa presenta a auditoría lingüística realizada para a Deputación na que analiza a dispoñibilidade do galego nos 61 municipios. “Cómpre que asuman o compromiso de impulsar políticas activas en favor do galego e dotar con recursos a planificación lingüística", di.
Unha ducia de concentracións lanza a "gran mobilización en defensa da sanidade pública" fronte á nova Lei de Saúde
"A única forma de parar esta reforma inxusta é a mobilización masiva", di SOS Sanidade, que lembra o precedente da retirada da lei de acuicultura grazas ás protestas. A plataforma e a oposición ven na redución de áreas o inicio do "desmantelamento" dos hospitais comarcais, que a Xunta nega