Ribadeo multará os propietarios que incumpran a obriga de arrincar os eucaliptos próximos a vivendas
O Concello identificou 700 parcelas que neste momento non están a xestionar de forma axeitada a biomasa vexetal nas faixas de protección, fixadas e 50 metros ao redor de edificacións. Dálles ata o 1 de xuño para cumprir a lei e demanda nunha carta remitida a Núñez Feijoo a colaboración da Xunta para aplicar a súa propia lei.