Movementos sociais
A folga do persoal da Xustiza paralizará os xulgados galegos dende este mércores
Uns 2.500 funcionarios están chamados á protesta que anulará centos de xuízos e procedementos, mesmo casamentos, en todo o país. O TSXG denega a suspensión reclamada polos sindicatos dos servizos mínimos, que a Xunta modificou para aumentar os efectivos mínimos durante o paro.
Traballos forestais volven danar un castro na Mariña
Adega e Mariña Patrimonio levan tempo denunciado e documentando as afectacións que a industria do eucalipto provoca en diferentes bens patrimoniais, o último deles no xacemento protexido dos Castros, en Barreiros
Desleixo pola xustiza
Xoán Antón Pérez-Lema
Detido o narco Sito Miñanco por tráfico de drogas e branqueo a dez días de volver ser xulgado
Sito Miñanco foi detido en Andalucía e unha das súas fillas en Cambados, onde a Policía rexistra a súa inmobiliaria, no marco dunha operación dirixida pola Audiencia Nacional
Máis da metade das queixas que recibe A Mesa por discriminación do galego refírense á administración
A entidade presenta o informe anula da 'Liña do galego'. Google, Ikea, Abanca, Movistar, Banco Santander e El Corte Inglés son as empresas que recibiron un maior número de reclamacións.
O PP queda só no seu apoio ao Campionato de Caza do Raposo
Partidos da oposición, entidades ecoloxistas e animalistas e o Goberno provincial de Pontevedra posiciónanse contra a celebración da batida, prevista para este sábado en Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Forcarei e A Estrada. "No século XXI, as cazarías non poden ser asumidas por unha sociedade que respecta os animais", sinala Carmela Silva, presidenta da Deputación
25 anos sen Moncho Valcarce, o home que "logrou facer tanto porque nunca deixou de ser un máis"
VÍDEO | Este xoves inaugurouse na Coruña unha placa na casa natal do Cura das Encrobas, finado o 1 de febreiro de 1993. No acto de homenaxe, Ramón Muñiz (presidente da Irmandade Moncho Valcarce), destacou que "para el, dende a súa fe, a resignación non era unha opción".
25 anos do seu pasamento. Moncho vive!
Ramón Muñiz
De “o máis grande de Galicia non se maltrata” a “a vida nunca foi tan grande”
Beatriz Gómez Gómez
Só 293 pais galegos compartiron o permiso de maternidade en 2017
Son 70 menos que en 2016 e representan o 2,1% do total. Tamén son minoría (só 132) os varóns que solicitaron unha excedencia. Iso si, 12.972 homes (un 10% máis que en 2016) accederon en Galicia ao novo permiso de paternidade, de 4 semanas, a pesar de que o número de nacementos foi menor
O Courel volve quedar cun só médico para dous centros de saúde
"Falan de achegar a sanidade ao paciente, pero están a achegala á privatización", denuncia Óscar Carrete, concelleiro de Caurel Vivo, que subliña que unha e outra vez se reproduce o mesmo problema cada vez que algún dos sanitarios colle días de vacacións ou está de baixa.