O Parlamento inclúe os 179 presos galegos na súa declaración en recordo das vítimas do nazismo
Este 27 de xaneiro celebrarase o Día Internacional en memoria das vítimas do Holocausto. A cámara inclúe na homenaxe -como solicitara a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica- os cidadáns galegos que foron confinados en campos de concentración nazis e subliña a colaboración do réxime franquista con Hitler.