O asasino confeso de Diana Quer era o "principal sospeitoso" dende hai máis dun ano
Os investigadores da Garda Civil definen a José Enrique Abuín como un "profesional do delito" e aclaran que, malia as numerosas sospeitas, non era posible atopar as probas que permitisen antes a súa detención. O ADN confirma que o cadáver de Rianxo é o da moza madrileña desaparecida.