A Xunta renova a autorización ambiental de Elnosa en Pontevedra
A Consellería de Medio Ambiente dá o visto e prace aos plans da compañía para mudar a súa tecnoloxía e prescindir do uso de mercurio na produción de cloro para permanecer en Lourizán
A Consellería de Medio Ambiente dá o visto e prace aos plans da compañía para mudar a súa tecnoloxía e prescindir do uso de mercurio na produción de cloro para permanecer en Lourizán
Foro Peinador e Xunta presentan unha nova campaña polo Nadal para animar a cidadanía a consumir produtos do país e aos empresarios a etiquetar na lingua propia. Nos últimos 14 anos, desde a primeira, ducias de adegas decidiron apostar polo idioma galego nas súas botellas
ENTREVISTA | O Observatorio da Mariña pola Igualdade vén de publicar a edición 2018 da súa Axenda Feminista, que chega á súa oitava entrega. Este ano está dedicada ás mulleres activistas galegas e nos vindeiros días presentarase en Viveiro, Compostela e Foz. Falamos con Paula Ferreiro, unha das integrantes da entidade
As xornadas non laborables dos pasados días 6 e 8 deron lugar a unha desas enormes pontes festivas que convidan máis ao lecer que á conexión á actualidade informativa. Por se optaches pola desconexión, velaquí tes dez das novas máis destacadas en Praza.gal durante a pasada semana.
Ata 20.000 fogares quedaron sen luz durante as peores horas do temporal, que deixou refachos de vento superiores aos 130 quilómetros por hora e máis de 140 litros por metro cadrado de chuvia nalgunhas vilas
A Plataforma en Defensa da Ría, asociacións de mariscadoras, bateeiros e de confrarías rexeitan con rotundidade a reapertura da explotación e advirten das "consecuencias catastróficas" sobre o "tecido socioprodutivo arousán" un proxecto que afecta o río que desemboca na zona
A eurodeputada instou o Executivo comunitario a que non obrigue a poboación a vacinarse porque é "unha práctica de risco" e "ninguén puido demostrar a seguridade das vacinas". A formación nacionalista advirte que a súa posición "non foi consultada nin é compartida"
A oposición censura que a Xunta que "consolide a reforma" que suprime áreas sanitarias "nunha semana festiva" e logo de que o anteproxecto fose presentado en agosto. En Marea, PSdG e BNG ven na iniciativa "máis deterioro e recortes" e as protestas das plataformas sanitarias continúan
Na xornada organizada en Bruxelas por Lidia Senra e AGEe esixiuse unha "moratoria" que paralice a expansión desta especie pirófita, alertouse da redución da superficie agraria útil e denunciouse o dano provocado pola maquinaria pesada empregada pola actividade madeireira.
O Concello de Mazaricos vén de poñer en marcha un concurso de escaparatismo co título de #ArrincaUnEucalipto, pois a única condición é que os adornos estean elaborados con eucaliptos. O obxectivo é protexer as árbores autóctonas
O entidade Meigas de las Hogueras de San Juan mantén un convenio coa Axencia de Turismo de Galicia polo que recibe 40.000 euros para organizar as súas actividades. No seu blog lembra a suposta "celebración" e a imaxe "esplendorosa" da cidade "celebrando" vitorias franquistas na guerra civil