"Queremos A Coruña enteira, sen vender en anacos"
A Comisión Aberta en Defensa do Común presentou a manifestación convocada para este domingo reiterando a súa demanda de que todos os terreos portuarios sexan cedidos gratuitamente ao Concello e pedindo a celebración da consulta popular aprobada polo pleno municipal. 70 entidades apoian a mobilización.