VÍDEO | Un 'Black Mirror' á galega para denunciar a problemática do uso do galego
A Mesa pola Normalización lanza unha curtametraxe inspirada nun capítulo da serie e pon en evidencia os atrancos e problemas que sofre unha persoa galegofalante no seu día a día. Inclúese na campaña para impulsar a ILP para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socieconómico