Movementos sociais
O boicot ás reválidas volve triunfar en Galicia e a Xunta reduce o absentismo ao 40%
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Pública e Anpas Galegas cifran nun 80% a porcentaxe de alumnos que non acudiron ás probas de 3º de Primaria que comezaron este martes
A policía desaloxa o centro social Escarnio e Maldizer, en Compostela
A acción, motivada por unha orde xudicial, acabou co tapiado do inmoble. O espazo mantiña unha programación cultural, formativa e de lecer estable.
40 concellos suman a metade das hectáreas queimadas en Galicia dende 2001
MAPAS INTERACTIVOS Unha parte importante destas localidades sitúase na provincia de Ourense. Entre 2001 e 2014 Galicia concentrou o 39% de todos os incendios do Estado e o 80% deles foron provocados. Consulta os datos, concello a concello, nestes mapas interactivos
O caos no 112 segue a provocar demoras nas emerxencias e os bombeiros apuntan a Rueda
A Mesa Intersindical censura a "intervención insultante" do vicepresidente da Xunta, que advertiu da folga como "principal problema" na xestión das chamadas. Logo das súas palabras, tres parques de bombeiros volveron denunciar atrasos e dificultades para contactar cos operadores
Milleiros de persoas maniféstanse coas Marchas da Dignidade contra a corrupción e os recortes
As peticións de dimisión de Mariano Rajoy e do Goberno central foron constantes durante todo o percorrido, ao que se uniu a columna galega, que saíu de Ourense tras xuntar cidadáns de diversos puntos do país
Xa se pode escoller entre 421 propostas para os orzamentos participativos da Coruña
Dende este venres e ata o 14 de xuño todos e todas as residentes na cidade de máis de 16 anos poden votar polos seus proxectos preferidos, que se financiarán cun total de 3 millóns de euros, o triplo que o pasado ano.
"O Parque Natural contribuíu a paliar o abandono do rural e o despoboamento en Rubiá"
O 26 de maio de 1997, a SGHN solicitou formalmente o inicio do proceso para constituír o Parque Natural das Serras do Courel e Enciña da Lastra. En 2002 foi protexida a Serra da Enciña da Lastra. A entidade reclama unha vez máis a extensión da protección para a zona do Courel.
A privatización sanitaria
Pablo Vaamonde
Como sería unha cidade pensada por nenos e nenas?
Rianxo acolleu xa o obradoiro A cidade do mañá, que en xullo chegará a Verín e Bertamiráns e a máis localidades nos meses seguintes. Busca implicar a infancia na reflexión e no deseño dos espazos urbanos, para construír vilas máis humanas e habitables. Falamos con Sandra González, coordinadora do proxecto.
"Non pode haber amparo social e banalización ante as agresións sexuais"
O número de violacións con penetración en Galicia leva cinco anos crecendo. No primeiro trimestre do 2017 rexistráronse 13, fronte ás 5 do mesmo periodo do ano anterior. Falamos con María Montenegro (MMM) e Pilar Estévez (PFG)
Arquivada a causa contra o edil de Culturas da Coruña polo cartel do Entroido
O xulgado acorda sobreser o caso a petición da Fiscalía, que advirte que "nin tan sequera existe a certeza de que o debuxo represente o Papa" e que, no seu caso, non hai "elementos denigrantes nin humillantes". Lembra, ademais, o "contexto" do Carnaval e que ese disfraz "é habitual" na Coruña.