Movementos sociais
A Xunta apela á "responsabilidade" dos colexios para "retiraren" o panfleto homófobo de Hazte Oír
A Consellería indica que está "rotundamente en contra de calquer manifestación homófoba" e insta os centros a "retirar unha publicación deste tipo", que inclúe teorías como supostos "premios" á "conversión á homosexualidade
"O desabastecemento de vacinas ten efectos negativos sobre a valoración da sanidade pública"
Problemas no subministro da vacina contra o tétano obrigan a Xunta a impoñer restricións, que se unen ás rexistradas nos últimos meses na inmunización contra a tose ferina, que se solventarán ao longo de 2017. Falamos con José Antonio Taboada, xefe de servizo de control de enfermidades do SERGAS
"A peonalización é un modelo de cidade que funcionou en todas partes"
Falamos con María Fernández Lemos -concelleira de Urbanismo de Ferrol- e con María Ramos Sanz, a enxeñeira que redactou a proposta de peonalización para o Barrio da Magdalena, feita pública a pasada semana e que está en fase de debate e presentación de achegas.
Unha nova folga estudantil clama pola derrogación total da Lomce
Erguer, co apoio da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, pide a fin da lei Wert, dos recortes e do decreto universitario 3+2 noutra xornada de mobilizacións en varias vilas e cidades galegas.
Os núcleos deshabitados aumentan un 40% na última década
En Galicia hai 1.865 aldeas abandonadas, segundo o Nomenclátor publicado polo IGE, fronte ás 1.334 de 2006. Se sumamos os lugares con 1 ou 2 habitantes, a cifra rolda os catro mil (3.957), sobre todo nas provincias de Lugo e A Coruña
As Encrobas: 40 anos dunha loita icónica
Cúmprense catro décadas do enfrontamento dos veciños desta parroquia de Cerceda coa Garda Civil impedindo a expropiación das súas terras. A imaxe das mulleres resistindo ante os axentes converteuse nun símbolo en plena Transición. Un acto lembra os protagonistas este vindeiro domingo.
A recollida porta a porta implantada en San Sadurniño reduce o lixo outro 36%
O novo sistema de recollida e clasificación, impulsado polo Concello e Adega, logra reducir en 1.000 quilos ao mes os residuos que envían a Sogama os lugares implicados, que ven como se lles reduce tamén a factura e amosan a súa satisfacción co novo modelo.
ADEGA achega un vídeo como proba das batidas de lobo "fraudulentas"
A asociación denuncia que en Cotobade a Xunta autorizou varias accións de xeito repetido (a última, este domingo) argumentando que as anteriores fracasaran. Porén, a entidade di ter probas de que hai dúas semanas unha loba foi cazada alí, o que convertería en irregular a última autorización.
Ferrol busca reverter coa peonalización a crise poboacional e comercial do seu centro
O Concello lanza a súa proposta para limitar o tráfico rodado no seu centro histórico, seguindo o camiño aberto por cidades como Pontevedra ou Compostela. O obxectivo do proceso, en fase de debate, é revitalizar a urbe e frear o deterioro do Barrio da Magdalena, cun 40% de vivendas e locais comerciais baleiros
Ordes homenaxea os seus 12 veciños fusilados en Boisaca hai 80 anos
A Asociacion Cultural Obradoiro da Historia e os familiares dos asasinados organizan este sábado unha homenaxe no cemiterio compostelán
"Sen dar resposta ás necesidades materiais, é dificil que a esquerda chegue á xente"
ENTREVISTA O xornalista Esteban Hernandez presentou en Vigo e Pontevedra o seu último libro, Los límites del deseo. Instrucciones de uso del capitalismo del siglo XXI (Clave intelectual).