Vigo e Compostela reclamaron unha Europa aberta á acollida
As mobilizacións reclamaron a aplicación efectiva do dereitos de asilo, a suspensión do acordo con Turquía e a habilitación de vías seguras para o desprazamento de persoas
As mobilizacións reclamaron a aplicación efectiva do dereitos de asilo, a suspensión do acordo con Turquía e a habilitación de vías seguras para o desprazamento de persoas
ENTREVISTA Ahmad é un carpinteiro sirio de 31 anos que chegou hai meses á Coruña dende os campos gregos. Aquí atopou unha familia pero segue á espera de ver recoñecido o seu dereito de asilo. "A xente está agardando a que o Goberno español tome decisións", denuncia.
Axóuxere e AGAL puxeron esta semana o documental en libre descarga na rede. O filme "pretende dar a coñecer sen intermediarios cales as razóns para afirmar que galego e portugués son variedades do mesmo idioma" e aposta por unha "mudanza de vía" para a lingua falada en Galicia.
A manifestación convocada polas Marchas de Dignidade contou cunha participación moi numerosa, nun ambiente festivo e unha gran diversidade xeracional entre os e as participantes, que divididas en dúas columnas denunciaron as políticas do PP na Xunta e no Estado. Galería de imaxes no interior
O 76% dos centros para escolares de 3 a 6 anos nas urbes usa só ou maioritariamente o castelán, fronte ao 8,5% que emprega a lingua galega principalmente, segundo o informe da Mesa. O idioma propio é excluído totalmente no 55% das escolas de Vigo ou no 30% das da Coruña e Ferrol.
Profesor en Princeton, ofreceu este xoves unha conferencia en Compostela, no Foro CEA organizado pola USC e o grupo Histagra. Nas súas investigacións afonda no papel dos movementos sociais e da cultura na construción da memoria das sociedades
As Marchas da Dignidade volven á rúa este sábado en defensa das pensións e dos servizos públicos. A Coruña acollerá unha marcha baixo o lema Coas nosas pensións non se negocia. Falamos con Santi Lamelo
Félix Rubial e Carolina González-Criado sinalan agora os integrantes da comisión que presidían e insisten en que a "ningún dos pacientes" polos que os investigan se lles negou o tratamento e que non houbo "dilación", pero os afectados advirten que non se aclara por que se atrasou o subministro.
A entidade presentou na Coruña o seu informe anual, que alerta de numerosos incumprimentos dos dereitos humanos e civís en España, sobre todo no caso das persoas que piden asilo.
A Consellaría de Política Social manterá de momento o criterio dunha soa perceptora por domicilio, aínda que sinala que analizará a recente sentenza xudicial que validou a convivencia de varias beneficiarias por se a actual política "puidese ser obxecto de revisión"