O xuíz confirma o arquivo da causa que investiga o asasinato de Jimmy
Desestima os recursos da Fiscalía, a LFP e o outro afeccionado deportivista tirado ao río e ratifica o polémico peche do caso decretado o pasado mes de decembro, no que nega a versión policial e a dunha testemuña protexida. A morte do seareiro coruñés camiña sen remedio cara á impunidade.