Movementos sociais
Sacyr denuncia un membro de Adega por tomar mostras de auga na mina de Lousame
A mineira de San Fins, filial de Valoriza Energía, presenta denuncia contra o secretario executivo da asociación por acceder ao recinto mineiro e tomar mostras que revelaron a "alta carga contaminante" das augas
Apenas o 18% dos nenos e nenas aprende a falar en galego
Este martes celébrase o Día Internacional da Lingua Materna. As últimas cifras publicadas polo IGE en 2013 espertaron a voz de alarma ante a perda de falantes na mocidade e na infancia. O 39% dos pais e nais fálalles sempre en castelán e outro 22% usa máis o castelán que o galego.
Traballo social e servizos sociais: Unha análise do presente e futuro dende a práctica
Proserso
Os concellos demandan ao Goberno central que lles permita acoller refuxiados
No último ano e medio España reubicou e reasentou só a 1.100 vítimas da guerra en Siria, unha décima parte da cifra comprometida. Os alcaldes e alcaldesas da Coruña, Madrid, Barcelona, Valencia e Zaragoza remitíronlle en decembro a Rajoy unha carta que non tivo resposta.
A liña de alta tensión que prevé cruzar As Mariñas pon en alerta a veciñanza
Red Eléctrica proxecta unha infraestrutura de máis de 30 quilómetros entre Abegondo e A Coruña que cruzaría catro concellos máis. Veciños e colectivos agrúpanse e advirten dos riscos medioambientais e paisaxísticos do trazado e da falta de información e dúbidas sobre as intencións finais.
As Encrobas, 40 anos despois: "A nosa terra aínda non é nosa"
Veciños, testemuñas e protagonistas do enfrontamento co Garda Civil de hai catro décadas conmemoran aquela xornada no mesmo lugar.
Un cento de colectivos da ría rexeitan as axudas de ENCE e instan os demais a non pedilas
Entidades de Pontevedra, Marín, Poio, Sanxenxo, O Morrazo e O Salnés rexeitan as achegas por valor de 3 millóns de euros e piden aos organismos públicos que "non colaboren" coa pasteira e que retiren o seu apoio aos eventos nos que a empresa colabore.
Unha ILP para garantir a igualdade do galego en todos os ámbitos
A Mesa lanza a iniciativa e recollerá miles de sinaturas para asegurar os dereitos lingüísticos nas relacións comerciais en Galicia. "Que desapareza a chantaxe que obriga deixar de falar galego para recibir servizos ou atención", di o colectivo, apoiado por persoeiros de diversos ámbitos.
O histórico Parque do Pasatempo pide axuda
O orixinal conxunto de Betanzos sofre novos danos tras as chuvias dos últimos días, punto de inflexión para que partidos e administracións reclamen unha solución de vez para un espazo degradado polo desleixo e a falta de mantemento malia a súa importancia histórica e cultural.
Piden unha moratoria do eucalipto en Galicia e a aplicación dunha ecotaxa
A plataforma Stop eucalipto, avante carballo! pide que se aplique a medida adoptada en Portugal e denuncia que a política do Xunta só favorece os produtores de madeira en prexuízo de agricultores, cazadores e outros colectivos. Propoñen unha ordenación efectiva do monte
O apagón como síntoma, o lobo como reclamo
Xabier Vázquez Pumariño