Movementos sociais
Os incendios queimaron 400 hectáreas en Ourense no inverno que remata este luns
Na última semana rexistráronse os lumes de maior tamaño, que sumaron máis de 300 hectáreas. A Xunta só informou dos dez que superaron as 20 hectáreas ou afectaron a espazos protexidos, pero os sindicatos alertan de que foron moitos máis.
Papel a mancheas nos xulgados da Coruña
Rodrigo Osorio
A debilidade da estrutura galega de medios: ameaza e oportunidade
Marcos Pérez Pena
O Apego polo galego na infancia chega xa á metade da poboación de Galicia
Nigrán acolleu este venres un acto no que tamén se incorporaron Lugo, Vilagarcía, Cee, O Carballiño, Ponteareas e Sada, co que o proxecto suma xa 30 concellos nos que viven 1,3 millóns de galegos
Manifestación por unha Lei de Identidade de Xénero: "Que non te enganen, a diversidade existe".
Arelas (Asociación de familias de menores trans), Amizando (colectivo trans adulto) e Ultreia LGTBI convocan unha marcha este sábado en Compostela. Partirá da Praza do Obradoiro para rematar no Toural
"O alumnado considera que a violencia de xénero é só a agresión física"
A Deputación da Coruña presentou as conclusións do programa Suprime o Control de loita contra a violencia machista, que desenvolveu en 14 concellos e con máis de 600 mozos e mozas de centros de ensino da provincia. Falamos con Ánxela Franco, responsable da área de Igualdade.
O subdelegado do Goberno en Lugo non cre "agresión sexual" os tocamentos sufridos por unha muller
Ramón Carballo restou importancia á "intimidación" da que foi obxecto unha veciña mentres facía deporte no Paseo do Miño, considerándoa un "feito illado" e afirmando que non foi "agresión sexual". O PSdeG-PSOE acúsao de "retrógrado e machista" e de non defender a vítima
A Xunta autoriza o gasto para que a axuda a vítimas de violencia machista poida pedirse todo o ano
O Consello dá luz verde ao cumprimento do acordo parlamentario para impedir que peche o prazo de solicitudes do salario da liberdade varios meses ao ano. A contía da axuda non varía: mantense entre 300 e 800 mensuais durante ata un ano.
Os sindicatos alertan do risco de peche de boa parte das oficinas do rexistro civil
CC.OO. sinala que o borrador da reforma da lei elaborado polo Ministerio de Xustiza só garante a existencia dunha oficina por comunidade autónoma, unha vez que comecen a funcionar as novas aplicacións informáticas. AXG-CUT denuncia unha "privatización encuberta" do servizo
Homenaxe ás lavandeiras: "Os espazos de traballo das mulleres eran espazos de liberdade"
O barrio compostelán de Galeras acollerá este venres un acto de recoñecemento ás mulleres encargadas de lavar a roupa, co obxectivo de dignificar este labor e de sinalar a súa importancia como lugar de relación social e organización das traballadoras. Falamos con Encarna Otero
Foise, con 99 anos, a loitadora Joaquina Dorado
Aurora Marco homenaxea neste texto a anarcosindicalista e loitadora antifranquista coruñesa, que este martes morreu en Barcelona.