Movementos sociais
"Hai un fervedoiro de xente á espera de organizarse para dar unha resposta á eucaliptización"
O biólogo Pedro Alonso foi un dos impulsores da Asemblea contra a Eucaliptización celebrada en Moaña, que pretende sentar a base dunha rede galega que aborde esta problemática. "Ata aquí chegamos, non se pode seguir así", di quen reflexiona sobre a política forestal e as alternativas.
"As idioteces que se publican hai que combatelas doutro xeito, non se pode condenar alguén por ser idiota"
ENTREVISTA | Andrés Boix, profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Valencia, ofreceu este luns na USC unha conferencia sobre os límites á liberdade de expresión, moi centrada nos últimos episodios de condenas por publicacións en redes sociais ou polo autobús de HazteOir
"Intentar galeguizar o país só coa literatura foi un fracaso; pensar que o ensino era a salvación, tamén"
ENTREVISTA Xosé González xubílase tras case 40 anos pulando por normalizar o galego desde a Administración, onde fundou o primeiro Servizo de Normalización nun concello, pero tamén fóra, fundando moreas de colectivos pola dinamización da cultura e do idioma. "Falta pedagoxía", di.
As vítimas de Angrois ven outra investigación "máis necesaria ca nunca" tras a imputación do xefe de Adif
A Plataforma Víctimas Alvia 04155 ve "ratificado" polo xuíz "o que vimos denunciando dende hai tres anos e medio, que o fallo humano do maquinista non era a única causa do accidente"
Solana e Hotel Finisterre da Coruña como botín de guerra
Manuel Monge
Galeras fai cidade
Encarna Otero
Imputado o ex-xefe de seguridade de Adif por homicidio e lesións no accidente de Angrois
O xuíz Lago Louro cita como investigado a Andrés Cortabitarte, o cargo da empresa pública que non avaliou o risco da curva da Grandeira malia autorizar previamente que se desconectase o sistema de freado automático nos trens
As denuncias por violencia de xénero regresan ao nivel previo á crise económica
O número total en 2016, malia aumentar un 9% dende o 2015, e manter unha tendencia á alza dende 2012, segue por debaixo dos datos de 2009. Tamén se incrementaron as chamadas ao 016, que descenderan moito entre 2012 e 2014.
As persoas encausadas pola ocupación da Yago chegan a un acordo coa Fiscalía
Os dous acusados de tenza ilícita de explosivos recoñecen este delicto, asumindo condenas de 18 meses. As penas para o resto fican reducidas a unha multa duns 3.600 euros
99 anos da 'Revolta das Pedradas' en Narón
O 13 de marzo de 1918 varios días de protestas labregas e obreiras acabaron con 6 campesiños mortos a mans da Garda Civil. Este domingo constituiuse na parroquia de Sedes unha comisión organizadora dos actos de conmemoracón do centenario destes feitos.
Moaña pon a base para unha rede galega contra a eucaliptización
A I Asemblea contra a Eucaliptización, que reuniu 18 colectivos en Moaña, impulsa a creación dun colectivo a nivel galego que poña en valor os montes, que defenda a súa xestión racional e biodiversidade e que artelle unha resposta común contra a implantanción do eucalipto no país.