Movementos sociais
O cerco sae decepcionado de Madrid e pide á Xunta que "mova ficha"
A principal asociación de cerqueiros cualifica de "improdutiva" a xuntanza e a CIG advirte de que o Goberno central "non vai moidificar o sistema de reparto de cotas", polo que solicita ao Executivo de Feijóo que "defenda o mar" e tome a iniciativa para resolver o conflito.
O xuíz do caso Alvia rexeita todos os recursos contra o peche da instrución
A Audiencia Provincial da Coruña deberá decidir agora se pecha o caso e convoca xuízo oral ou se hai que seguir investigando.
SOS polo barrio do Hospital Xeral de Vigo
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria, veciñanza, comerciantes e SOS Sanidade Pública poñen cifran á crise que vive a contorna do establecemento sanitario, trasladado en setembro. Alertan do peche de 14 establecementos e de que outros 52 poderían facelo nos vindeiros meses.
A Asociación Galega de Apicultura e a Granxa Arqueixal, premios 'Osíxeno'
ADEGA fixo públicos os nomes da 15º edición dos seus galardóns, que sinalan o peor e o mellor do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O premio Dioxina sinalou a ENCE e ao "decepcionante resultado" do Cumio do Clima de París.
Así muda a percepción do machismo entre adolescentes tras se formar en igualdade
Un estudo realizado en catro institutos de Secundaria de Santiago amosa a efectividade da formación en igualdade para identificar actitudes machistas. Máis da metade do alumnado, de entre 14 e 18 anos, asegura coñecer parellas nas que existe a violencia
Erades Companheiras
Lupe Ces
A falta de vivenda social en Vigo pode deixar unha familia na rúa dentro de oito días
A Xunta só lle ofrece un bono de 150 euros, insuficiente para facer fronte ao custe dun alugueiro, e Concello o pagamento de dúas mensualidades. Porén, non hai alternativas habitacionais para os moitos desaloxos que se seguen producindo na cidade.
Os gandeiros reclaman á industria a suba inmediata de dous céntimos no leite
Os produtores reclaman a Medio Rural a súa mediación para que as fábricas apliquen a suba que xa levaron a cabo as áreas comerciais tras as mobilizacións de decembro. Agromuralla decide hoxe se deixa a mobilización de Lugo ou apela ante o TSXG a resolución da Subdelegación
As razóns do rexeitamento do sector á nova Lei de Acuicultura
Asociación de produtores/as, confrarías, partidos e outras entidades alertan de que a norma favorece as grandes empresas, pon en perigo as explotacións tradicionais e permitirá a instalación de factorías en espazos protexidos
Mariñeiros do cerco péchanse en tres Concellos malia unha nova proposta de Mar
Membros de Acerga comezan un peche "indefinido" na Coruña, Bueu e Porto do Son. A agrupación e Cerqueiros Galegos achegan posturas tras unha nova xuntanza tras a que a Xunta propón un solo mínimio de capturas para todo o sector que será aprobado ou non en asemblea polos colectivos
"A teima de Feijóo na austeridade provocou mortes de enfermos de hepatite C"
ENTREVISTA Quique Costas, voceiro da Plataforma Galega de Persoas Afectadas pola Hepatite C, lembra os quince meses de "obstrución" por parte da Xunta, atrancos que foron denunciados xa pola fiscalía e que derivaron de "decisións políticas" que "xeraron sufrimento e angustia"