A Xunta presume de axuda ao desenvolvemento malia recortala de 12 a 4 millóns dende 2009
O vicepresidente Alfonso Rueda asinou este luns un convenio de colaboración coa Coordinadora Galega de ONGDs. Porén, a política do Goberno galego neste eido ten sido moi criticada polas continuas reducións orzamentarias e incumprimentos.